A CIDADE DA CULTURA: O FUTURO DA CIDADE?

viernes, 17 de abril de 2009
Outra entrada máis e outra entrada dedicada a Santiago de Compostela.

Para @s que vivimos en Santiago o tema da Cidade da Cultura non nós é algo axeno. Tod@s sabemos o que estamos a facer no monte Gaias, pero pouc@s saben cal é o obxectivo final de esa megaconstrución. Se fixésemos unha enquisa entre os cidadáns de Santiago seguramente a opinión que teríamos de este proxecto faraónico non sería moi bo. Pero como din "para gustos hai cores" e parece que a visión que sobre a cidade da cultura varia se saímos das nosas fronteiras

Déixovos un documental sobre a Cidade da Cultura, realizado por Discovery Chanel dentro do programa Mega-construcciones de Danny Foster. Polo menos este video podemos aportar unha visión diferente do que pode chegar a significar a Cidade da Cultura. Aí tedes a primeira parte do documental e os enlaces ás seguintes partes.

Será certo iso de que a Cidade da Cultura pode supor un empurrón a unha das zonas máis deprimidas de Europa ou vaise quedar nunha vergoña custosa ??? Todo dependerá de que o proxecto teña un contido detrás dunha bonita forma arquitectónica. O tempo dirá.

2 comentarios:

Abilio dijo...

Encántame o teu Blog Roberto, and great music!!!

Diana PD dijo...

É moi díficil que podamos confiar no futuro uso da Cidade da Cultura, sobre todo cando este depende tanto da política...Óxala que dentro duns anos podamos ver un documental sobre a maravillosa vida cultural desa colosal obra arquitectónica.

Publicar un comentario