WIKINOMICS: A NOVA ECONOMÍA DAS MULTITUDES INTELIXENTES

lunes, 20 de abril de 2009
Cambiando un pouco de temática, gustaríame falar dun libro que lin fai un tempo e que penso que polas cousas que di podería ser interesante falar un pouco del.

En concreto refírome a "Wikinomics: A nova economía das multitudes intelixentes" de Don Tapscott e Anthony D. Williams. O libro presenta un novo paradigma (wikinomía) tanto nas relacións económicas, como na colaboración entre os grupos humanos. Os autores presentan un novo modelo económico que vai máis ala dos criterios xerárquicos de mando tradicionais, onde todo o mundo está subordinado a outra persoa. A aparición das novas tecnoloxías da comunicación e da información impulsan a aparición de novos modelos de produción baseados na comunidade, na colaboración e na autoorganización. Parece que esta nova maneira de entender as relacións dentro das empresas pode xerar máis beneficios que manter un control férreo dos traballadores, clientes, provedores... Estes beneficios pasan por crear compañías inmersos en procesos continuos de mellora, redución de custos, actualización de datos sobre os consumidores...

O libro parte dun estudio previo realizado polos autores. Este estudio os levou a estar en contacto cun gran numero de persoas que aplicaron nos seus proxectos a vertente colaborativa que as novas tecnoloxías poden aportar. A conclusión é que hoxe miles de millóns de persoas traballando en liña poden participar na innovación, a creación de riqueza e o desenvolvemento social dun modo imposible noutras épocas anteriores. Esta colaboración global produce avances en aspectos moi diferentes como as artes, cultura, ciencia, educación, goberno e na propia economía.

Aspectos como o software libre, gobernanza 2.0, prosumidores (consumidores que participan na creación dos produtos finais), redes sociais... son temas que temos que ter presentes de hoxe en diante, xa que supoñen unha nova forma de entender as relacións interpersoas e polo tanto o funcionamento da economía. Exemplos de este novo paradigma hai moitos. O libro cita algúns como os casos como os de Youtube, Myspace, Wikipedia, Google, Flickr, Linux, Boeing, BMW, Procter & Gamble, Proyecto Genoma Humano..., nos que as empresas ábrense e entran a formar parte de redes sociais (con traballadores, usuarios, competidores, provedores...), establecendo estruturas de negocio baseadas en esquemas “bottom-up” en lugar do clásico “top-down”. As empresas democratízanse e tod@s os seus traballadores teñen algo que dicir na marcha da empresa. O resultado é un entorno baseado na transparencia da información, compartir os resultados das investigación e permitir a apropiación colectiva dos resultados. De feito, os autores resumen os principios de wikinomics en 4 puntos:

1. Apertura (being open)
2. Interación entre iguais (peering)
3. Compartir (sharing)
4. Actuar globalmente (acting globally)

A época do secretismo e hermetismo dentro das empresas parece que está rematando. Moitas empresas traballan en base a licencias abertas, sendo o máximo activo do seu negocio a capacidade de mellora do produto conseguida en base a colaboración en rede con clientes, traballadores, provedores... A pesar de que os autores tamén critican algúns aspectos destas empresas de nova xeración, deixan claro que estamos ante un novo sistema produtivo e polo tanto ante un cambio importante no modo de entender as relacións económicas.

Na miña opinión, o libro constitúese nunha excelente lectura para os que pensamos que poden existir outras maneiras máis participativas de facer as cousas. Casos de éxito existen, aínda que tamén coñecidos fracasos. Quen sabe se dentro duns anos as relacións económicas e produtivas van seguir o esquema proposto por estes autores. Mellor coñecelo o antes posible, non creedes???

2 comentarios:

Unknown dijo...

Esta moi interesante esta vision das novas estratexias empresariais e metodos de venda. Penso que tamen se poderia incluir dentro das citadas paxinas a de www.ebay.es, xa que dende o meu punto de vista supon un mercado moi competitvo e dinamico, no que tratas con proveedores e tendas que abaratan os prezos ofrecidos nesta web ou os deixan a decision do usuario final como e o caso das subastas.

Indo mais ala incluso nos mesmo podemos converternos en "proveedores" no sentido que podemos poñer a venda calquer producto do que nos queiramos desfacer, ou polo que queiramos obter o mellor prezo posible, poñendo este a subasta e facendo que os compradores compitan por el, ofrecendo en moitos casos prezos mais altos dos que poderiamos conseguir cunha venda tradicional de regateo.

kuching dijo...

Tamén podemos destacar casos de altruismo en favor da ciencia como o que se implementou coa PS3 que permite que os usuarios carguen un programa para que as PS3 inactivas fagan cálculos moi complicados xa que a disposición en rede das playstation permite xerar un supercomputador de gran potencia de cálculo.

Non obstante hai certos perigos. Como no caso de Google e adsense. Google cuio lema é Don't be evil está a xerar un gran problema polas extrictas restriccións da publicidade que oferta. E moita xente da comunidade que cree nas tecnoloxías libres estase a plantexar se por riba dun certo crecimento económico é imposible facer o ben. Ou dito doutro modo a única forma de estar sempre no cumio e tirar da montaña algúns intrépidos escaladores.

Vivimos tempos moi interesantes.

Publicar un comentario