A CULTURA HACKER E O DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO: LIBERDADE E COLABORACIÓN

lunes, 4 de mayo de 2009
Moitas veces oímos falar nas noticias da figura do hacker (ou pirata informático), como unha especie de ciberterrorista dedicado a entrar nos nosos ordenadores na busca de información que lle poda servir para conseguir algún beneficio económico. Pero esta imaxe publica dista moito do que en verdade son os hackers. Simplemente son persoas con coñecementos técnicos informáticos, cuxa paixón e inventar programas e desenvolver novas formas de procesar a información e a comunicación electrónica (o seu valor supremo e a innovación tecnolóxica informática). Para levar a cabo esta labor basean a súa cultura en dous pilares básicos que son a “liberdade” de acceso a rede, a codigos fonte…, e o “espírito de colaboración” e xenerosidade con outros hackers. Precisamente estes dous principios son os que os levan a loitar contra o control que os gobernos e determinadas corporacións establecen ao tráfico na rede.

Para os hackers non pode existir ningún tipo de barreira a extensión universal dos coñecementos e a creación tecnolóxica. Para eles o coñecemento é universal, polo que non pode ser comercializado; e se é comercializado, as redes de colaboración da creación tecnolóxica que deron lugar a innovación deben manterse abertas, cooperativas e baseadas na reprocidade.

Esta nova cultura baséase nas redes de colaboración en Internet, e seguen unha organización xerárquica en función dos aportes de cada persoa á innovación informática (creadores do programa orixinal, mantedores e contribuidores). Así, para a comunidade hacker, sempre estarán por riba doutras persoas as figuras de Linus Torvalds (creador do LINUX) ou Richard Stallman (veterano programador do MIT e activo defensor do libre acceso aos códigos fontes dos programas e do Copy Left). Temos que ser conscientes de que a maioría das innovacións informáticas dos últimos anos proveñen de persoas que pertencen, ou algunha vez pertenceron, á chamada comunidade hacker. Os protocolos de Internet, o Correo Electrónico (Ralph Tomlinson), o sistema UNIX, o Modem, chats e outras aplicacións que vertebran o Internet foron creadas por hackers. De aí a importancia deste colectivo no que entendemos hoxe en día por progreso tecnolóxico.

Pero dentro de esta comunidade baseada na colaboración e na liberdade, tamén aparecen puntos negros. Seguramente o máis claro sexa o dos crackers, que teñen por obxectivo penetrar en ordenadores alleos para robar información. Estes si que serían criminais cibernéticos, e como tal soen ser deslexitimados pola comunidade hacker. A maioría deles carecen de coñecementos informáticos e non xeran ningunha innovación, polo que non contribúen en nada ao progreso técnico.

Moitos gobernos baseándose na vulnerabilidade de internet (inculpando aos hackers das acción de algúns crakers) están impoñendo unha serie de medidas que están a reducir a liberdade de acceso das persoas a Internet, e polo tanto tamén están a eliminar unha das bases da cultura hacker e do progreso tecnolóxico moderno. Como pretexto de aumentar a seguridade en Internet moitos gobernos e corporación a realizar un importante control sobre a libre comunicación. É dicir, trasladase a Internet o vello debate sobre seguridade e liberdade.

Actualmente gran parte de este debate céntrase en se a seguridade en internet debe provir dunha regulación institucional (a medida que están a aplicar os gobernos) ou se debe pasar por unha protección dos sistemas individuais (como desexaría a comunidade hacker). Se nos fixamos na realidade actual, vemos como importantes institucións gobernamentais como o Pentágono a CIA, os bancos suízos… posúen potentes sistemas de encriptación da información, difíciles de vulnerar ata polos máis experimentados hackers. A pregunta é: porque os gobernos non comparten esta tecnoloxía entre todos os usuarios de Internet para mellorar a seguridade global da rede? Acaso é que lles interesa ter acceso instantáneo aos nosos ordenadores na vez de brindarnos as ferramentas para realizar unha protección eficaz dos nosos equipos.

En última instancia, a pregunta que debemos facernos é ata que punto limitar un acceso universal a Internet e as innovacións informáticas é bo para o progreso tecnolóxico e social da sociedade. Non pode ser que as regulacións gobernamentais sobre o acceso a rede estean a eliminar o último eslavón da creatividade e liberdade na creación que constitúen os hackers. Na miña opinión, Internet desenvolveuse como unha rede de libre acceso, polo que calquera tentativa de eliminar ese espírito de colaboración e liberdade non ten ningún sentido. A liberdade é o valor máis importante en calquera comunidade, por riba incluso dunha suposta seguridade. Os anos dirán se camiñamos cara un modelo similar ao do Gran Irmán de Orwell, ou se máis ben camiñamos cara a sociedade da colaboración e da liberdade.

3 comentarios:

kuching dijo...

Nestes días hai unha certa polémica coa distribución de contidos con copiright. E certos países plantexaban cortar a rede aos usuarios que descargaran tales contidos. Nalgúns casos esa determinación non a tomaban xuices.

Finalmente parece que a UE non vai tomar ese camiño.

http://bandaancha.eu/articulo/6550/eurocamara-no-permitira-desconexiones-internet-sin-permiso-judicial

O tema da distribución libre de contidos xenera moitos problemas. Xa sexan programas legais (LINUX, Open Office...) ou contidos con copiright. Xa que os propietarios de contidos de pago nun caso ou as asociación da propiedade intelectual no outro senten ese movemento como unha gran amenaza que teñen que parar.

Xa veremos cara onde camiñamos nestes temas porque non está nada claro.

ROBERTO VARELA VÁZQUEZ dijo...

Certo é que os tribunais e os gobernos están poñendo trabas á distribución de contidos con copyright (seguramente presionados polas grandes compañías de software como Microsoft). Pero creo que a bola de neve é demasiado grande para que a xente a poda para.

Estou convencido que o futuro pasa polo software libre e que empresas como Microsoft teñen que cambiar o seu modelo de negocio se queren manterse no mercado. De feito a distribución do novo Windoes vaise facer por internet de maneira gratuita (ainda que con limitacións, como no). Parece que as grandes compañías estan dando pasos cara un modelo moito máis aberto. Será que están a recordar vellas épocas cando eran hackers.

Os intentos por frear o libre trafico por Internet creo que son practicamente imposibles xa que entra dentro da liberdade de acción dos usuarios.

A ver como acaba todo

Anónimo dijo...

Concordo con Roberto, pero para cando? son moitos os atrancos e os intereses. Hai quen di que sen lucro persoal ou empresarial non haberá innovación. O futuro dirá;

Publicar un comentario