O NEOANARQUISMO E AS NOVAS TECNOLOXÍAS

jueves, 7 de mayo de 2009
O outro día lin un interesante artigo de Manuel Castells publicado fai tempo (21/05/2005), pero que penso que está totalmente de actualidade nestes días marcados por crises globais e pandemias planetarias. Concretamente, o artigo aparecía publicado na Vanguardia e falaba do renacer de movementos ideolóxicos como o anarquismo baixo o paraugas das novas tecnoloxías.

Moita xente empeñouse en dar por morto o movemento anarquista por utópico ou por carecer de organización interna. Pero nos últimos anos este movemento parece gozar de mellor saúde que en ningunha época anterior. Só temos que botar unha ollada aos movementos contra a globalización capitalista, que mostran claras as súas simpatías cara as formas de autoorganización e oposición a calquera forma de Estado típicas do anarquismo. Aínda que vellos intelectuais de esquerda (sobre todo en Latino América) seguen empeñados en ensalzar antigos esquemas de loita social, a realidade é que moita da “xente de esquerdas” simpatiza máis con formas de loita máis expontáneas, autoorganizadas e abertas a un debate interno continuo. Así vemos exemplos como o do Foro Social Mundial de Porto Alegre, as teses políticas-sociais de Michael Hardt, Toni Negri, Noam Chomsky, Naomi Klein... que non son máis que mostras do apoxeo público de este tipo de ideas libertarias.

Esta claro que os sindicatos anarquistas e outro tipo de asociación de esta ideoloxía están en retroceso en número de afiliados, pero cunha ollada por Internet vemos que temas como as ideas antiestatistas, o internacionalismo libertario, a afirmación da liberdade individual e a libre asociación están de total actualidade en movementos sociais como a antiglobalización, o movemento okupa, os piqueteros arxentinos, os forajidos de Ecuador, os autónomos italianos, os mapuches chilenos…Pero, de onde proven esta nova forza e vitalidade do anarquismo do s.XXI en contraposición coa anclaxe do Marxismo no s.XX?

Pode ser que o anarquismo cando xurdiu fora unha ideoloxía moi adiantada ao contexto social no que apareceu. Os Estados Nación estaban comezando a andar como maneira de dar orde a todo o caos anterior. E precisamente as teses anarquistas enfrontábanse a esa idea de Estado Nación. Pero un século despois o contexto de loita social cambiou. Estamos na era da globlización, onde parece que o modelo de Estado Nación está en crise. Da Revolución Industrial, que estivo no centro da loita social durante tanto tempo, pasamos a era da Revolución Tecnolóxica Informacional, que parece traer consigo oportunidades de desenvolvemento das liberdades individuais, máis que un retroceso das mesmas. Ademais, esta revolución tecnolóxica só pode ser asumida por unha sociedade informada e autónoma do Estado (non como noutros tempos). Os Estados Nación (nivel nacional) están en claro retroceso fronte a unha Economía Global (nivel internacional). Entre estes dous polos atópase o individuo que non lle quedou outra que atrincherarse no local (no local e no individual, base da ideoloxía anarquista dende sempre). A xente deixou de crer na política e nos políticos (polo menos nesta política). Os Estados disólvense como unidades de organización e control. Fronte a eles aparece o Sistema Económico como verdadeiro organizador de todo. O Estado Nación é sustituido por Cidades Estado que xestionan os intercambios entre os territorios. Xa non existe a imaxe típica do Marxismo de xigantescas fabricas e xigantescas burocracias, senón que cada vez máis a economía funciona a partir de redes. Nestas redes non só reside a esencia do actual sistema, senón tamén a semente da resistencia contra os seus abusos.

Precisamente é neste punto no que as novas tecnoloxías son un aliado do novo anarquismo, máis que do tradicional marxismo. As novas tecnoloxías permiten unha organización social autónoma a partires de persoas e grupos afíns, debatendo, votando e xestionando a través unha rede interactiva de comunicación. Parece como se as pautas de comportamento anarquistas deixaran de ser utopía e se converteran en ideoloxía. A utopía e un soño, mentres que a ideoloxía é un vehículo de loita social. As condicións do mundo cambiaron, xa non só as condicións tecnolóxicas, senón tamén grado de control dos Estados sobre as sociedades. A busqueda da liberdade como ben supremo parece estar aí, encontrando na nova sociedade da información é comunicación un instrumento de loita. Parece que corren novos tempos para a resistencia ideolóxica.

5 comentarios:

Adycto dijo...

Parece claro que no actual panorama mundial as vellas formaas de facer política, propostas ou como queras chamalo están inmersas nun claro movemento de revisión, entre outras cousas, pola súa necesidade de "adaptarse aos tempos". Algúns, como os partidos políticos tradicionais, ven nas novas tecnoloxías, unicamente, un escaparate máis para as súas ideas ou propostas (cando as teñen) pero non son capaces de sacarlle o verdadeiro partido as mesmas. No recente exemplo das pasadas eleccións galegas podemos ver como as 3 forzas maioritarias fixeron facebook, canle no youtube, flickr, etc pero, unha vez máis, só como unha demanda dos seus asesores e sempre carentes, en todo caso, do espítiru constructivo e de debate que levan consigo implícito o traballo na Rede. Eles ven á Rede como unha especie de televisión global na que meter os seus "anuncios". Outros movementos, como o anarquismo, descubriron na rede (hai xa tempo) que a clave non está en poñer unha foto bonita senón en que, a través dela, o nivel de comunicación entre os seus "militantes" mellora de xeito exponencial e, ademais, a rede ofrece recursos e espazos nos que organizarse, contruir, debater, etc....Parece claro que, como ben dis, movementos como este están a aproveitar perfectamente as posibilidades da rede e as novas teconoloxías máis, co meu pesimismo habitual, creo que en breve os "grandes" domiñarán a rede e as novas tecnoloxías como o resto de cousas no mundo así que HAI QUE APROVEITAR MENTRES SE PODA!

ROBERTO VARELA VÁZQUEZ dijo...

Eu son optimista!!! Penso que a rede, ou como queras chamalo, é algo no que domina a liberdade e o libre intercambio de opinións. Se a día de hoxe os gobernos non chegaron a dominar completamente Internet, pareceme imposible que sexan capaces de controlar esta canle de comunicación algunha vez.

Internet naceu libre e esa é a esencia que lle da sentido. A pesar de ser un invento diseñado nun principio para usos militares, pronto foi empregado para usos totalmente aos obxectivos para o que foi creado. É unha das poucas plataformas que nos quedan para seguir mantendo unha actidude de resistencia frente o fundamentalismo ideolóxico que domina na vida cotidiá

Luis E. Froiz dijo...

Ao falar da rede como vehículo de loita social, considero que cometes o erro de caer na idea do establecemento de publicidade como vehículo de formación da ideoloxía, mentres que a verdadeira revolución que exerce o medio a favor do anarquismo recae na forma de modificar as relacións antropolóxicas dos seus usuarios, permitíndolles alterar as fronteiras físicas espaciais para a comunicación mutua.
Axuda tamén, neste aspecto da nova tendencia anarquista a evolución do capitalismo e o aumento das clases burguesas, en mans dun tipo de cultura que xa tende a dar unha importancia absoluta ao individuo fronte ao colectivo, ao non necesitar o apoio mutuo para a supervivencia, como en tempos anteriores.
Por isto, tampouco considero precisamente dentro desta "nova anarquía" os movementos antiglobalizadores que citabas, que non son senón sectores que tenden a un inmovilismo por medio de críticas parciais ao establecido, obviando as diferenzas xa non culturais, senón sociais que deben ser subsanadas principalmente no terceiro mundo para unha posible anarquía real e global.

kuching dijo...

Un artigo moi interesante. Parabéns polo teu blog.

alumno dijo...

La libertad individual esta muy bien. Pero el altruismo tampoco está mal, como forma de socializar la libertad. Aunque bien es cierto que para ejercerlo hay que renunciar a algunas prioridades individuales. Me parece excelente que la red sea un soporte fundamental para la lucha, pero tampoco es la panacea. Digo esto porque hay muchas comunidades que para poder dar un salto cualitativo en su capacidad de autogestión, no van a poder contar con estas tecnologías. Este medio es perfecto para mostrar y difundir las injusticias del capitalismo. Aunque creo que es muy fácil hablar de libertad individual plena, desde la mesa y el mantel. El marxismo también tiene su siglo XXI (sin industrias mastodónticas) y también se encuentra en la red, simplemente hay que buscarlo. Quizás es que lo único que puede hacer el anarquismo es aislarse, y si muy bien, no contribuir al consumo, aunque bueno siempre que haya algún problema poder recurrir al sistema capitalista. Por otra parte no tiene nada de malo aislarse, por lo menos no se contribuye a engordar esta farsa. Pero antes de colgarse ninguna medalla estaría mejor intentar acercarse a los pueblos, como hacen algunas brigadas marxistas, y trabajar (sin comillas) conjuntamente para mejorar su calidad de vida. Dejar un poco de lado esas excentricidades tecnológico-euro centristas y compartir los conocimientos técnicos, adquiridos en sistemas capitalistas, con los más desfavorecidos. O sea que si la libertad es buena, socializarla. En definitiva que de hippie a yupi no hay mucho, y es verdad que a los 50 casi nadie es comunista, no es menos cierto que si solo puedes compartir tu individualismo en la red, a los 40 es ideal igual se diluyó.

Publicar un comentario